Publicacións

Mulleres que fixeron historia: conmemoración do 8M en 2º ESO A

Imaxe
  Con motivo da celebración do 8 de marzo , o alumnado de 2º ESO A elaborou unha serie de carteis en formato de ficha técnica e biográfica dedicados a mulleres que destacaron en diferentes ámbitos e contribuíron de maneira significativa á historia. Entre as figuras traballadas atópanse, entre outras, Simone Biles, Beyoncé, Greta Thunberg, Isabel Zendal, Jane Goodall, Katherine Johnson, Rosalía de Castro, Rosalind Franklin, Tu Youyou e Valentina Tereshkova . A través desta actividade, o alumnado investigou as súas achegas e puxo en valor a súa relevancia en disciplinas como a ciencia, a cultura, o activismo ou o deporte. A proposta permitiu visibilizar referentes femininos diversos e promover a reflexión sobre a importancia da igualdade de oportunidades e o recoñecemento das mulleres na historia. Deixamos un arquivo cos traballos a continuación:  Traballos 2ESO A

Reflexionando sobre o 8M desde a palabra e a experiencia

Imaxe
  Con motivo da conmemoración do 8 de marzo , o alumnado de 1º de Bacharelato , nas sesións de Atención Educativa, participou nunha actividade de reflexión a partir da visualización dun vídeo e da lectura dun poema. O alumnado identificou, mediante o uso de diferentes cores, aqueles fragmentos que transmitían situacións de perigo e aqueles que representaban o empoderamento das mulleres. A actividade concluíu cun debate na aula no que se compartiron reflexións e experiencias persoais relacionadas cos temas abordados. Este espazo de diálogo permitiu analizar comportamentos que, en ocasións, se normalizan na sociedade, promovendo unha maior conciencia crítica e fomentando relacións baseadas no respecto e na igualdade.

Mulleres importantes na nosa vida: conmemoración do 8M

Imaxe
  Co gallo da conmemoración do 8 de marzo , o alumnado de Formación Profesional Básica participou nunha actividade de reflexión persoal na que debía elixir dúas mulleres significativas na súa vida e elaborar unha presentación ou un póster sobre elas. Posteriormente, cada alumno e alumna realizou unha exposición na aula, explicando as súas eleccións e xustificando a importancia destas figuras no seu día a día. A actividade favoreceu a posta en valor das mulleres do entorno próximo e promoveu a reflexión sobre o papel fundamental que desempeñan na vida persoal e social.

A presenza das mulleres na FP

Imaxe
  Na titoría de 2º ESO B , a docente Lucía Cociña desenvolveu unha actividade de igualdade a partir dun artigo xornalístico sobre a presenza das mulleres na Formación Profesional. A proposta comezou cun exercicio de imaxinación no que o alumnado visualizou distintos talleres profesionais e reflexionou sobre que imaxe lle viña á mente, identificando maioritariamente figuras masculinas. A partir desta dinámica, analizouse como os estereotipos de xénero inflúen na percepción dos estudos de FP e comentáronse datos reais sobre a presenza crecente de mulleres en diferentes familias profesionais, como Edificación e Obra Civil, Transporte e Mantemento de Vehículos ou Instalación e Mantemento. O debate posterior permitiu abrir a reflexión sobre a diversidade de opcións formativas e profesionais, promovendo unha visión máis igualitaria e libre de estereotipos. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/escuela/2026/03/03/as-mulleres-rompen-cos-estereotipos-na-formacion-profesional/0003177256976...

DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Imaxe
O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Dende o IES Perdouro estamos moi orgullosas e orgullosos dos pequenos pasos que damos día a día para poder contribuir a traballar e estudar nun entorno libre de violencias e inclusivo. Para isto é fundamental o traballo das persoas encargadas da docencia, que son as que exemplifican unha concienciación e coidado coa execución de diferentes actividades, asi coma tamén é fundamental o papel do alumnado encargado de contribuír ao bo trato e a xestión emocional. Precisamente celebramos que o IES Perdouro foi un dos centros galardoados este ano con unha MENCIÓN DE HONRA no III Premio ConVivimos. Asique parabéns a todas esas persoas que fan unha labor tan importante e recoñecida pouco a pouco.

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade , celebrado o 3 de decembro, o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO A participou nunha actividade de sensibilización arredor da inclusión e da diversidade. Breogán e Manu elaboraron unha entrada para a páxina web do centro na que explican o significado desta data, acompañándoa dun pódcast gravado por eles mesmos. Con esta iniciativa contribuíron a promover a reflexión sobre a importancia de construír unha sociedade máis accesible, respectuosa e inclusiva para todas as persoas. Aproveitamos este día para dar tamén visibilidade a unha asociación galega que se encarga do asesoramento, acompañamento e axuda ás persoas con discapacidade en Galicia. Estamos a falar de COGAMI en cuxa páxina web podedes atopar o manifesto que redactaron cheo de reinvindicacións e denuncia social ( COMUNICADO COGAMI ). Dende o IES Perdouro poñeremos sempre todo o que esté nas nosas mans para axudar a paliar as diferenzas e in...

Violencia de xénero e medio ambiente 1ºCMXAdm

Imaxe
  Violencia de xénero e medio ambiente: unha reflexión compartida O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (CFMXA) participou nunha actividade de análise e reflexión sobre a relación entre a violencia de xénero e o medio ambiente, a partir do documento “Vínculos entre la violencia de género y el medio ambiente: la violencia de la desigualdad” .  Ligazón ao texto A actividade consistiu en dividir o texto en diferentes apartados relacionados coa explotación dos recursos naturais e distintas actividades económicas, como a agricultura, a pesca, a minería ou as industrias extractivas. Cada grupo elaborou un resumo no que identificou as conexións entre a desigualdade de xénero e o impacto ambiental, incorporando tamén unha valoración persoal. Esta proposta favoreceu o traballo colaborativo e a reflexión crítica, permitindo ao alumnado comprender como as desigualdades sociais e ambientais están interrelacionadas.

SÚMATE A NÓS 25N

Imaxe
No noso centro celebraremos o 25 de Novembro un ano máis lendo un manifesto común. A comunidade educativa está moi concienciada de que non podemos permitir máis casos de violencia, non podemos deixar de levantar as nosas voces en contra de todo o que supoña violencia contra as mulleres porque aínda está a ocorrer. Seguemos a sufrir esta lacra social e non nos damos librado das accións violentas e iso non nos gusta nada. Non permitiremos que as cifras sigan aumentando, non calaremos, non nos acovardaremos e non deixaremos de ler o noso manifesto que é unha declaración de intencións. Unídenos a nós e seremos máis visibles.

DÍA DA INFANCIA NO IES PERDOURO

Imaxe
Dende o IES Perdouro puxemos o noso gran de area para celebrar este día e colaboramos co Concello nos actos institucionais. Páxina web do IES Perdouro

15 Outubro Día Internacional da Muller Rural

Imaxe
Con motivo da celebración do día internacional da Muller Rural, queremos compartir con vós un par de contas de instagram onde dúas mulleres poñen en valor o seu traballo.  Nuska Chousa Laura Vallejo Cremos que é de vital importancia celebrar este día para recoñecer ás nosas nais, ás nosas avoas, ás nosas tías e en definitiva a todas as mulleres que traballan no medio rural e que sustentan a nosa Terra, os nosos fogares e as nosas familias. Animámosvos a celebrar este día co orgullo que supón pertencer ao rural e ser muller.

11 Outubro Dia Internacional da Infancia (nenas)

Imaxe
O próximo 11 de outubro celébrase internacionalmente este día no que se pon o foco nos dereitos da infancia, un sector moi vulnerable que dende o noso IES Perdouro non queremos deixar esquecido. É importante fomentar a autonomía e o empoderamento das nenas dende pequenas, porque nas nosas sociedades seguemos a sufrir desigualdades dependendo do xénero. É por iso que reivindicamos o dereito das nenas a non ser discriminadas en ningún lugar do mundo.

DIA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN

Imaxe
O pasado 8 de setembro, coincidindo co comezo das aulas neste novo curso, celebróuse o Día Internacional da Alfabetización. Dende este blog, axudando á promoción da igualdade, queremos poñer o noso gran de area e apoiar a causa mediante as seguinte proposta. Trátase de ler en clase un texto sore Malala e o seu empeño por ir á escola. Como esto é un día a día que nós aqui descoñecemos, pero que e máis que común noutras partes do mundo, e como é un agravio ser muller.

NOVO TRABALLO PARA O 25 NOVEMBRO

Imaxe
Aproveitando a data na que se lle da visibilidade á violencia exercida sobre as mulleres, dende o Equipo de Igualdade quixemos destacar algunhas historias reais que están nas nosas memorias e que non debemos esquecer para aprender dos erros do pasado. Son moitas as vítimas de violencia de xénero, tantas que son números en estadísticas, pero nós quixemos poñerlles nome. E queremos recordar as súas vidas e o fatal desenlace.

25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Este ano para conmemorar o día Internacional contra a violencia de Xénero dende o equipo de igualdade do IES Perdouro decidiuse realizar un vídeo no que o obxectivo é poñer o foco nas distintas formas de violencia. En concreto, centramos a atención en distintos murais que representan ou enxalzan a mulleres polo mundo que posteriormente son "vandalizados" polo feito de representar figuras femininas. Queremos impoñer a nosa idea de parar con estas agresións que, aínda que parecen inofensivas, danan de forma continua e dende a base unha sociedade xa danada de por si. Deixamos o resultado deste fermoso vídeo aquí:

EQUIPO IGUALDADE IES PERDOURO

Imaxe
Este ano quixemos darlle forma a unha idea que leva tempo rondando pola nosa cabeciña: formar un equipo de igualdade no que o alumnado do centro sexa propiamente responsable da dinamización e visualización de actividades que fomenten a igualdade e poñan o foco na temática que nos interesa aquí. Para isto propoñemos que cada persoa que desexe implicarse nesta importante labor, se propoña como portavoz do seu grupo e así poder asistir ás reunións que faremos ao longo do curso e poder achegar ideas, participar activamente e axudar nesta labor que nos atinxe. Animamos a participar a todas aquelas persoas que queiran achegar o seu gran de area!

TITORÍAS EN 2ESO-B (LETICIA)

Imaxe
 Conmemoración 8M, titoría 2º ESO B:  Realización de muráis sobre 20 científicas galegas que tiveron gran importancia ao longo da historiA.  Listaxe de científicas galegas: 1. María José Alonso 2. Manuela Barreiro Pico 3. Margarita Salas 4. Mar Capeáns 5. Tarsy Carballas 6. Alicia Estévez 7. Antonia Ferrín 8. Carmen García Mateo 9. María Teresa Miras Portugal 10. Minia Manteiga 11. Inmaculada Paz Andrade 12. Peregrina Quintela 13. Ángela Ruiz Robles 14. Marisol Soengas 15. Ramona Vaamonde 16. Olimpia Valencia 17. Begoña Vila 18. Maria Wonenburger 19. Isabel Zendal 20. Eugenia Pereira

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS IES PERDOURO

Imaxe
Este curso a nosa compañeira Alicia Geada, do departemento de Matemáticas, axúdounos a dar visibilidade a moitas das mulleres importantes no ámbito. Dende o noso equipo agradecemos enormemente e aportación e colaboración con este traballo:  Unha das cuestións tratadas nas clases de Matemáticas é a historia das Ciencias, e de como as mulleres foron en moitas ocasións ninguneadas e silenciadas. Isto leva a falar das mulleres matemáticas desde Téano (da escola pitagórica) ata, por exemplo, Mileva Marić, primeira muller de Einstein. Esta persoa, en concreto, chámalle moito a atención ao noso alumnado porque coñecen a Einstein, pero non teñen nin idea da historia de Mileva e do trato que recibiu por parte de el.

VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

Imaxe
 O pasado 19 de febreiro as compañeiras de Pantallas Amigas visitaron de novo o noso centro co fin de ofrecer un obradorio enmarcado no Plan Proxecta+ da Consellería de Educación. nesta ocasión foi alumnado de Ciclo Básico de Administración e Finanzas. Aprnedemos novos perigos no contexto dixital e estamos máis concienciados sobre diferentes problemas que se poden dar. Grazas á relatora e ás alumnas que realizaron a cŕonica desta actividade.

VIOLENCIA DE XÉNERO E SEXISMO NA PUBLICIDADE

Imaxe
Nesta ocasión tivemos a oportunidade  de reflexionar sobre todos eses aspectos discriminatorios que aparecen de forma velana na publicidade no noso día a día. O alumnado de ciclos medio e superior das ramas de Administración e Finanzas así coma o de Perruquería e Coidado Capilar, tiveron a ocasión de poñer o foco de atención nestes pequenos detalles qeu poden chegar a marcar  a unha persoa simplemente polo seu xénero. os exemplos amosados e a vñia didáctica desta charla, fixeron da actividade unha boa forma de achegármonos a aspectos publicitarios descoñecidos ata o de agora para nós.

CONFERENCIA "TI ELIXES" 4º ESO

Imaxe
O pasado 29de novembro visitou o noso centro Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera, coa finalidade de ofrecer un taller titulado "Que non te líen, ti elixes" dentro das actividades programadas no Plan Proxecta por 365 de Respecto e Igualdade impulsado pola Cosellería. O noso alumnado participou activamente neste taller con unha mirada crítica e pensamento analítico que nos fai a nós mesmo coma docentes reflexionar nas dinámicas de igualdade que se están a levar a cabo dende o ámbito educativo. Por parte da poñente, resolveu as dúbidas e analizou as distintas situacións nas que hai traballos que se sobreentenden na sociedade coma exclusivamente femininos ou masculinos, intentando romper barreiras que impiden a preferencia por unhas profesións ou outras dependendo do xénero no que nos incluímos. Aquí tedes unhas imaxes e deixamos este enlace no que ver vídeos e máis fotos:  Enlace vídeos e fotos