Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021
Imaxe
17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia Para continuar co fomento da igualdade, no IES Perdouro quixemos conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. Para iso, elaboramos uns  carteis , que colocamos nos diferentes pavillóns do instituto e, ademais, pedímoslles aos alumnos/as da ESO que redactasen uns lemas nos que expresasen o seu rexeitamento contra calquera actitude discriminatoria cara os colectivos de persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. Os lemas gañadores foron os seguintes: - Que ninguén che impida querer! De Rubén Díaz Fraga (1º A ESO). - Respéctame tal e como son. De Laura Alonso Fernández (2º B ESO). - Sé como/quen desexes ser. De Yorel Ladra Ballesteros (3º D ESO). - Somos libres de ser e amar a quen queiramos. De Nerea Francos Cornide (3º C ESO). - Unha relación baséase no amor, non no xénero. De Iria López Casas (4º B ESO). Posteriormente, con eses lemas, encargamos unhas  correas  para as chaves,
Imaxe
Exposición "Express-Arte"  Desde o pasado 12 de maio, temos no IES Perdouro a exposición fotográfica "Express-Arte", formada por 15 fotografías que amosan unha perspectiva de diferentes realidades desde a arte. Nela podemos ver unha versión de distintas obras, todas elas moi coñecidas, como é o caso de "A primavera", de Boticelli ou "A gioconda", de Leonardo da Vinci. Estas fotografías foron realizadas desde un programa de inserción laboral para mulleres vítimas da violencia de xénero, de maneira que cada unha das participantes escolleu unha obra pictórica feminina coa que se identificaba e, posteriormente, foi caracterizada como a protagonista e fotografada, sendo o resultado o que se observa nas  15 imaxes .
Charla sobre a violencia machista na mocidade O pasado día 6 de maio, o alumnado de 3º da ESO do IES Perdouro asistiu a unha videoconferencia sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, impartida polo persoal do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero de Santiago. Nela puideron aprender a identificar distintas manifestacións da violencia de xénero, así como a detectar comportamentos que xamais deben ser tolerados no seo dunha parella.