Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021
  11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia A falta de referentes femininos fai que moitas nenas consideren que as carreiras científicas son "cousa de homes". Para salientar a contribución das mulleres á Ciencia e denunciar a súa ausencia nos libros de texto e nos medios de comunicación, o alumnado de 4 da ESO de Bioloxía fixo uns pequenos traballos de investigación sobre 9 científicas internacionais, destacadas polos seus descubrimentos en campos como a Xenética, a Medicina ou a Astronomía.  A exposición dos carteis está no primeiro andar do edificio principal do IES Perdouro. Tamén se poden ver  aquí . Ademais dos carteis, o proxecto completouse co seguinte vídeo:
Imaxe
11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia #NoMoreMatildas