8 MARZO 2022 ESCAPE ROOM
ESCAPE ROOM: QUÉ SABES DO 8M? Na semana do 8M, as alumnas de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, Adriana Polo González e Damaris Gabriela Popovici xunto ca profesora Carmen Sampedro Miranda, coordinadora do proxecto 365 días pola igualdade, organizaron unha Escape Room denominada “O misterio da fábrica”. Para levala a cabo, visitaron as aulas de 2º e 3º da ESO onde o alumnado de maneira moi divertida, adquiriu coñecementos sobre o incendio da fábrica téxtil de Nova York, o cal tivo lugar no 1911. En concreto, a Escape Room consistía en pasar unhas determinadas probas en Kahoot, resolver sopa de letras, etc. O obxectivo das mesmas, era obter información sobre o comezo do 8M, o acceso da muller a universidade, a explotación laboral e o feminismo. A medida que ían resolvendo os diferentes enigmas e retos, mediante pistas que elas lles facilitaban, conseguían unhas pezas de quebracabezas que unidas retrataban a unha muller: Rosalía de Castro. Se lograban descifrar