Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

Espectáculo Teatral "Golpes"

Imaxe
Nesta ocasión o alumnado de 2 ESO, 2 PMAR, FPB Servicios Administrativos e FPB Fabricación e Montaxe do noso IES desplazóuse ata o Auditorio de Burela para ver un espectáculo teatral. Agredecemos dende este blogue a colaboración do Concello de Burela por cedernos o uso das instalacións e por estar dispoñibles para axudar na nosa labor educativa. O espectáculo correu a cargo da compañia de teatro aAntena e da representación da artista mariñá Estíbaliz Veiga. A obra é unha proposta centrada na loita contra a violencia machista contra as mulleres, e a través desta obra con momentos de crueza e sobresaltos, os alumnado foi quen de meterse na pel das persoaxes que se nos expoñían segundo a espectáculo ía avanzando. Unha proposta moi ben pensada e dirixida ó público axeitado para mover conciencias e pensamentos. A obra conta con xiros de guión sorprendentes o que unido á paixón interpretativa, fai que o auditorio deste luns (o noso alumnado) quedase atrapado na historia dende un primeiro mom

Proxección curtametraxe "Miña"

Imaxe
Aproveitamos esta mañá de venres para reflexionar un pouco sobre relacións tóxicas e a nosa forma de entender o amor. A proxección deste filme, facilitado pola Cosellería de Igualdade e a disposición de todo o profesorado, é unha ocasión mais para reflexionar sobre o que estamos a vivir. Boas conclucións e análise da curta son os froitos dunha educación en igualdade e respecto.