EQUIPO IGUALDADE IES PERDOURO
Este ano quixemos darlle forma a unha idea que leva tempo rondando pola nosa cabeciña: formar un equipo de igualdade no que o alumnado do centro sexa propiamente responsable da dinamización e visualización de actividades que fomenten a igualdade e poñan o foco na temática que nos interesa aquí. Para isto propoñemos que cada persoa que desexe implicarse nesta importante labor, se propoña como portavoz do seu grupo e así poder asistir ás reunións que faremos ao longo do curso e poder achegar ideas, participar activamente e axudar nesta labor que nos atinxe.
Animamos a participar a todas aquelas persoas que queiran achegar o seu gran de area!
Comentarios
Publicar un comentario