Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Presentación vídeo no Auditorio de Burela 1ESO

Imaxe
  Escoita o podcast deste evento O venres 25 de novembro o alumnado de 1º da ESO do IES Perdouro de Burela protagonizou unha saída á Casa da Cultura para asistir a unha charla impartida por dous membros da Garda Civil. Tamén había alí alumnado doutros centros educativos: CEIP Virxe Do Carme e CEIP Vista Alegre. O primeiro en intervir foi o alcalde de Burela, don Alfredo Llano, que explicou o motivo do acto, o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, e dixo que estaba nas mans dos xoves erradicar estes tráxicos episodios. Tamén explicou como se ía desenvolver o acto e dixo que na súa etapa como profesor do Perdouro estivera orgulloso do comportamento do alumnado de 1º da ESO. Acto seguido subiu ao escenario José Díaz, o Concelleiro de Educación, quen presentou os axentes que ían impartir a charla e tamén a dona Mary Fraga, que é a presidenta de BUMEI (a Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela). Despois de todas as presentacións empezou o acto. A continuac

MOVEMBER E O CANCRO MASCULINO

Imaxe
Na hora de titoría de 4° de ESO A traballamos sobre a iniciativa de "Movember". O nome desta fundación provén da combinación das palabras "Moustache" e "November". A iniciativa nace en Australia en 2003 e a día de hoxe estendeuse a máis de 21 países. Os seus obxectivos son concienciar á xente sobre os cancros masculinos, próstata e testículos, e agora tamén sobre saúde mental. O seu símbolo é o bigote, un elemento tipicamente masculino, co que se pretende chamar a atención sobre estas doenzas e que se traten no día a día. Isto faino a través dunha rede social onde a xente pode compartir as súas fotos con Bigote e recadar fondos para a investigación nestas materias. A iniciativa non é só masculina, xa que ademais de "Mo Bros" hai "Mo Sistas", que participan con bigotes pintados ou postizos ou simplemente colaborando nas distintas iniciativas .  E aquí o enlace á app que aconsellamos descargar:  Movember app Mais unhos vídeos:

PASAPALABRA REALIDAD AUMENTADA

Imaxe
 Marina Rubal e Manuela Seijo foron as encargadas de amosarnos como aprender de xeito lúdico algúns puntos relacionados coa violencia de xénero. O alumnado de 1 ESO e de 1 de CMXAdm quedaron encantados coa experiencia. Grazas rapazas!!