25 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este ano para conmemorar o día Internacional contra a violencia de Xénero dende o equipo de igualdade do IES Perdouro decidiuse realizar un vídeo no que o obxectivo é poñer o foco nas distintas formas de violencia. En concreto, centramos a atención en distintos murais que representan ou enxalzan a mulleres polo mundo que posteriormente son "vandalizados" polo feito de representar figuras femininas. Queremos impoñer a nosa idea de parar con estas agresións que, aínda que parecen inofensivas, danan de forma continua e dende a base unha sociedade xa danada de por si.
Deixamos o resultado deste fermoso vídeo aquí:
Comentarios
Publicar un comentario