Violencia de xénero e medio ambiente 1ºCMXAdm

 

Violencia de xénero e medio ambiente: unha reflexión compartida

O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (CFMXA) participou nunha actividade de análise e reflexión sobre a relación entre a violencia de xénero e o medio ambiente, a partir do documento “Vínculos entre la violencia de género y el medio ambiente: la violencia de la desigualdad”Ligazón ao texto

A actividade consistiu en dividir o texto en diferentes apartados relacionados coa explotación dos recursos naturais e distintas actividades económicas, como a agricultura, a pesca, a minería ou as industrias extractivas. Cada grupo elaborou un resumo no que identificou as conexións entre a desigualdade de xénero e o impacto ambiental, incorporando tamén unha valoración persoal.

Esta proposta favoreceu o traballo colaborativo e a reflexión crítica, permitindo ao alumnado comprender como as desigualdades sociais e ambientais están interrelacionadas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO TRABALLO PARA O 25 NOVEMBRO

VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

TITORÍAS EN 2ESO-B (LETICIA)