Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021
Charla sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital  A pasada semana, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO asistiron a unhas charlas online dedicadas a tratar o tema da violencia de xénero e o novo contexto dixital, impartidas por membros da asociación Pantallas Amigas. Nelas puideron aprender como as redes sociais son utilizadas por parte de persoas malintencionadas para obter información confidencial doutras persoas. Ademais, coñeceron o significado de termos como grooming  e sextorsión, volvéndose conscientes da importancia que ten protexer a súa privacidade. Aquí  podedes ver a reportaxe fotográfica destas charlas.
  Charla sobre violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais O pasado 25 de marzo, as alumnas e alumnos de 2º de ESO do IES Perdouro asistiron a unha charla online sobre violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais. Nela puideron aprender a diferenza que existe entre os conceptos "sexo" e "xénero", así como a identificar distintas mensaxes publicitarias sexistas, nas que o tratamento que se lles dá a homes e a mulleres non é igualitario. Pódense ver  aquí  as imaxes da charla.