DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado o 3 de decembro, o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO A participou nunha actividade de sensibilización arredor da inclusión e da diversidade.
Breogán e Manu elaboraron unha entrada para a páxina web do centro na que explican o significado desta data, acompañándoa dun pódcast gravado por eles mesmos. Con esta iniciativa contribuíron a promover a reflexión sobre a importancia de construír unha sociedade máis accesible, respectuosa e inclusiva para todas as persoas.
Aproveitamos este día para dar tamén visibilidade a unha asociación galega que se encarga do asesoramento, acompañamento e axuda ás persoas con discapacidade en Galicia. Estamos a falar de COGAMI en cuxa páxina web podedes atopar o manifesto que redactaron cheo de reinvindicacións e denuncia social (COMUNICADO COGAMI). Dende o IES Perdouro poñeremos sempre todo o que esté nas nosas mans para axudar a paliar as diferenzas e inxustizas sociais a así o demostramos coa conmemoración no noso centro.
Deixamos mostra das nosas accións con esta ligazón á páxina web do centro 3 DECEMBRO IES PERDOURO.

Comentarios
Publicar un comentario