Reflexionando sobre o 8M desde a palabra e a experiencia
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o alumnado de 1º de Bacharelato, nas sesións de Atención Educativa, participou nunha actividade de reflexión a partir da visualización dun vídeo e da lectura dun poema. O alumnado identificou, mediante o uso de diferentes cores, aqueles fragmentos que transmitían situacións de perigo e aqueles que representaban o empoderamento das mulleres.
A actividade concluíu cun debate na aula no que se compartiron reflexións e experiencias persoais relacionadas cos temas abordados. Este espazo de diálogo permitiu analizar comportamentos que, en ocasións, se normalizan na sociedade, promovendo unha maior conciencia crítica e fomentando relacións baseadas no respecto e na igualdade.

Comentarios
Publicar un comentario