Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

PASA DA VIOLENCIA (ROSCO 25N)

Imaxe
Dende o departamento de Administración e coa colaboración do alumnado de 1º curso de Ciclo Medio de Xestión e Administración queixemos colaborar aínda mais na conmemoración do 25 Novembro esta semana. Nesta ocasión, as alumnas disfrutamos participando no reto de adiviñar as palabras propostas polas nosas compañeiras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe no rosco instalado á entrada do edificio principal do noso centro. Nós nesta mañá optamos por participar de xeito virtual. Foi moi entretido e enriquecedor. Graciñas por este tipo de actividades!

25 Novembro 2021

Imaxe
Nesta ocasión as encargadas de participar nun novo Quizz do Taller de Solidaridad   foron as alumnas e alumno de 1º curso de FPB de Administración. Pasamos moi bos momentos e aprendimos moitos conceptos novos polo que participaremos neste tipo de actividades sempre que nos sexa posible. Moi recomandable a experiencia ó tempo que motivadora e instructiva. Aquí tedes algunhas imaxes:

A violencia de xénero no novo contexto dixital

Imaxe
Seguindo con o ciclo de charlas enmarcadas na nosa programación, hoxe deixámosvos a crónica creada por Damaris, unhas das alumnas asistentes. Grazas Damaris! A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL: O martes 23 de novembro, o alumnado de os cursos de 1º de CM e CS de Administración tivemos a oportunidade de acudir a unha charla sobre violencia de xénero no contexto dixital de a man de Haizea Álvarez que forma parte de a organización PantallasAmigas. Comezamos falando sobre cal criamos que eran os beneficios e inconvenientes das redes sociais que teñen tanto uso hoxe en día. Por desgraza, a maioría delas, eran aspectos negativos e estes, axudan a que a ciberviolencia sexa máis sinxela para os agresores. Algúns dos moitos factores que inflúen na violencia dixital son a permanencia que temos nestas, a inmediatez que nos axuda a ter, a exposición da nosa intimidade cada vez que subimos algo ás redes, entre outros. Chamounos a atención a definición que ten a ONU sobre a violencia de

Charla "Violencia Machista nas Relacións de Parella na Mocidade"

Imaxe
 Dende a Concellería de Educación e no marco do Plan Proxecta, Ofrécenno unha serie de charlas ás que quixemos acceder dende o noso instituto. Nesta ocasión o nome da cita foi "Violencia machista nas relacións de parella na mocidade" e ademáis da propia crónica redactada polas alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar   queremos deixar unha mostra visual da mesma charla impartida para o resto de Ciclos formativos que consideramos pratícipes deste proxecto por "365 días en igualdade":

Vídeo 25N día EN CONTRA da violencia ás mulleres

Imaxe
Este ano púxemonos mans á obra e levamos argallando todo o mes unha posta en escea propia das mellores producións. Este é o estupendo resultado que acadamos traballando conxuntamente e movéndonos ó son do tema de Sés "Non son fada". Queremos poñer o foco na violencia contra a muller e berrar ben alto "BASTA" porque dende o IES Perdouro sabemo o importante que é ter as mesmas condicións e oportunidades, e así o amosamos nesta a nosa obra conxunta: Estamos orgullosas das persoas participantes tanto diante coma detrás das cámaras 👌 Grazas ó alumnado e titoras e titores que fixestes este vídeo unha realidade tan vistosa!!

Novembro mes da igualdade no Perdouro

Imaxe
 19 NOVEMBRO Comezou o mes de novembro e no Perdouro xa se respira repecto dende ben cediño. Neste 19 participamos nun quizz en modo Kahoot organizado pola asociación Taller de Solidaridad. Foron as alumnas e alumno de 1º curso de Ciclo Medio de Xestión Administrativa os encargados de aprender e representar ó noso centro acadando un nada desbotable posto, aínda que o noso premio mais valioso foi a implicación e aprendizaxe nesta sesión na que colaboramos con moito gusto!!