Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Entrevista Proxecto Neo (Radio Escolar)

Imaxe
Temos o enorme pracer de compartir aquí a entrevista que nos fixeron dende a radio escolar do IES Peroduro o pasado 25 de Maio para Radio Burela. Grazas a todas e todos pola vosa implicación e por tratarnos tan ben.  

A NOSA ÁRBORE DA DIVERSIDADE SEGUE A BROTAR!

Imaxe
 Celebrar a diversidade é tan bonito coma celebrar a chegada dos raios de sol e desa vitamina D que tanto precisamos. É por iso que nos enche de ledicia poder seguir sumando contribucións á nosa árbore no IES Perdouro. Seguiremos a celebrar, disfrutar e respectar as diversidades en todas as as cores e formas que se nos presenten!! O noso David captou a mensaxe á primeira e mirade con que preciosidade nos agasalla 😊😍:

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBI-FOBIA 17 MAIO

Imaxe
 Este ano den de o IES Perdouro quixemos visibilizar a diversidade sexual e de xénero amosando mensaxes de apoio e positivas sobre o fenómeno da diversidade no noso entorno. Para elo, creamos en conxunto e traballando dende as distintas aulas e grupos a nosa Árbore da Diversidade á que ata o mesmo equipo de limpeza do centro se uniu a poiou con a súa propia folla da diversidade. Quedou unha bponita árbore á que vos animamos a seguir decorando con os vosos traballos se queredes, xa que a diversidade conleva o respecto e a educación para un mundo máis levadeiro e tranquilo. A nós parécenos que quedou un traballo ben chulo, ou non? Mirade! Imaxes da Árbore da Diversidade IES Perdouro 2022

O SEXO SENTIDO

Imaxe
 Deixámosvos hoxe un documental que aborda os medos e aclara moitas dúbidas sobre as diferentes orientacións sexuais e modos de entender as relacións afectivas. Somos tan dispares coma iguais e debemos respectarnos ante todo, pois temos esa capacidade cognitiva que nos diferencia doutras especies. Usemos o noso raciocinio correctamente, reaccionemos e relacionémonos de forma saudable e respectuosa, concienciémonos do que somos, porque somos persoas, con todo o que esta condición humana conleva. https://www.rtve.es/noticias/documentos-tv/reportajes/sexo-sentido-transexualidad-menores/

17 Maio, algo mais que o día das Letras

Imaxe
  Dende o 17 de maio de 1990, a Asemblea Xeral da OMS aprobou a retirada do código 302.0 (relativo á homosexualidade) da Clasificación Internacional de Doenzas. A nova clasificación entrou en vigor entre os países-membro das Nacións Unidas en 1993. A pesares do recoñecemento da homosexualidade como unha manifestación da diversidade sexual, as lésbicas, gais, bisexuais, travestís, transexuais e intersexuais (LGBTI) aínda sofren as consecuencias da homofobia e da transfobia. Queremos compartie este vídeo e material de traballo para este día no noso centro, aínda que temos unha proposta en común á que lle estamos dando uns últimos retoques. Seguiremos informando: Material para traballar con o vídeo