A presenza das mulleres na FP

 

Na titoría de 2º ESO B, a docente Lucía Cociña desenvolveu unha actividade de igualdade a partir dun artigo xornalístico sobre a presenza das mulleres na Formación Profesional. A proposta comezou cun exercicio de imaxinación no que o alumnado visualizou distintos talleres profesionais e reflexionou sobre que imaxe lle viña á mente, identificando maioritariamente figuras masculinas.

A partir desta dinámica, analizouse como os estereotipos de xénero inflúen na percepción dos estudos de FP e comentáronse datos reais sobre a presenza crecente de mulleres en diferentes familias profesionais, como Edificación e Obra Civil, Transporte e Mantemento de Vehículos ou Instalación e Mantemento. O debate posterior permitiu abrir a reflexión sobre a diversidade de opcións formativas e profesionais, promovendo unha visión máis igualitaria e libre de estereotipos.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/escuela/2026/03/03/as-mulleres-rompen-cos-estereotipos-na-formacion-profesional/00031772569763714249820.htm




Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO TRABALLO PARA O 25 NOVEMBRO

VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

TITORÍAS EN 2ESO-B (LETICIA)