CONFERENCIA "TI ELIXES" 4º ESO

O pasado 29de novembro visitou o noso centro Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera, coa finalidade de ofrecer un taller titulado "Que non te líen, ti elixes" dentro das actividades programadas no Plan Proxecta por 365 de Respecto e Igualdade impulsado pola Cosellería.

O noso alumnado participou activamente neste taller con unha mirada crítica e pensamento analítico que nos fai a nós mesmo coma docentes reflexionar nas dinámicas de igualdade que se están a levar a cabo dende o ámbito educativo. Por parte da poñente, resolveu as dúbidas e analizou as distintas situacións nas que hai traballos que se sobreentenden na sociedade coma exclusivamente femininos ou masculinos, intentando romper barreiras que impiden a preferencia por unhas profesións ou outras dependendo do xénero no que nos incluímos.

Aquí tedes unhas imaxes e deixamos este enlace no que ver vídeos e máis fotos: Enlace vídeos e fotos





Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

SI.MULLER.DEPORTE.