Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020
  Enquisas sobre violencia de xénero, sexismo e igualdade Como punto de partida para o noso proxecto, no IES Perdouro decidimos realizar unhas enquisas sobre violencia de xénero, sexismo e igualdade  a todo o alumnado da ESO. O noso obxectivo era detectar se os alumnos e alumnas eran coñecedores da existencia dos distintos tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, sexual, etc.) así como ter información sobre as súas opinións en canto a falsos mitos existentes en torno á violencia de xénero, como poden ser que o maltrato sucede en familias de baixos ingresos económicos ou que os homes maltratadores o son como consecuencia de ter sufrido malos tratos na súa infancia. Pareceunos importante realizar estes cuestionarios xa que a análise dos resultados permítenos orientar as actividades que imos realizar ao longo do curso escolar en cada un dos niveis, facendo fincapé naqueles aspectos que consideramos que os alumnos e alumnas teñen menos claros.  Os resultados das enquisas
Imaxe
  Películas para traballar a igualdade Desde as titorías da ESO estamos a visionar diferentes películas que nos permiten reflexionar sobre a igualdade  entre mulleres e homes, así como sobre a existencia de diferentes identidades de xénero. Cremos que é axeitado utilizar o cine como medio para traballar estes contidos porque a cultura audiovisual está presente no día a día dos alumnos e alumnas, polo que o ensino ten que utilizar este recurso como ferramenta didáctica. Algunhas das películas que imos ver ao longo deste curso son as seguintes: - Figuras ocultas: nela destácase o papel da muller na ciencia e reflexiónase sobre os prexuizos de xénero e raciais. - La chica danesa: permite traballar sobre a construción das distintas identidades de xénero. - Quiero ser como Beckham: esta película permite traballar os prexuízos existentes no deporte feminino. - Billy Elliot: permite reflexionar sobre os estereotipos sociais.
Imaxe
  Actividades no IES Perdouro para conmemorar o 25N Par a traballar a igualdade e concienciar sobre o problema social da violencia de xénero, desde a titoría de 1º A da ESO os alumnos e alumnas realizaron un bonito traballo chamado "Cartas ao fututo", que podedes ver no seguinte vídeo: Ademais, desenvolveuse tamén a actividade "Bolboretas contra a violencia de xénero", levada a cabo desde as titorías de 1º a 4º da ESO. Neste caso, os alumnos e alumnas reflexionaron sobre esta lacra social e escribiron, nunhas bolboretas moradas de cartolina, frases de apoio ás vítimas, así como as súas protestas contra calquera tipo de violencia machista. Podedes ver as imaxes  aquí
Imaxe
  25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller No ano 1999, a Asemblea Xeral da ONU designou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para visibilizar e concienciar á sociedade acerca de todas as formas de violencia existentes contra as mulleres. Porén esta data xa se celebraba antes. En 1981, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe fixou este día en conmemoración de tres  activistas políticas dominicanas: Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal . Estas tres irmás, coñecidas como "as Bolboretas" foron brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía segreda do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana. Ese día, os seus corpos atopáronse, destrozados, no interior dun coche afundido nun barranco, en Salcedo, ao noroeste da República Dominicana. Horas antes, as tres mulleres foran asasinadas por un escuadrón enviado polo dictador, que as matou a golpes e as met