Mulleres importantes na nosa vida: conmemoración do 8M

 

Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, o alumnado de Formación Profesional Básica participou nunha actividade de reflexión persoal na que debía elixir dúas mulleres significativas na súa vida e elaborar unha presentación ou un póster sobre elas.

Posteriormente, cada alumno e alumna realizou unha exposición na aula, explicando as súas eleccións e xustificando a importancia destas figuras no seu día a día. A actividade favoreceu a posta en valor das mulleres do entorno próximo e promoveu a reflexión sobre o papel fundamental que desempeñan na vida persoal e social.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO TRABALLO PARA O 25 NOVEMBRO

VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

TITORÍAS EN 2ESO-B (LETICIA)