Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

CONFERENCIA "TI ELIXES" 4º ESO

Imaxe
O pasado 29de novembro visitou o noso centro Nuria Rodríguez, xerente de Lugomadera, coa finalidade de ofrecer un taller titulado "Que non te líen, ti elixes" dentro das actividades programadas no Plan Proxecta por 365 de Respecto e Igualdade impulsado pola Cosellería. O noso alumnado participou activamente neste taller con unha mirada crítica e pensamento analítico que nos fai a nós mesmo coma docentes reflexionar nas dinámicas de igualdade que se están a levar a cabo dende o ámbito educativo. Por parte da poñente, resolveu as dúbidas e analizou as distintas situacións nas que hai traballos que se sobreentenden na sociedade coma exclusivamente femininos ou masculinos, intentando romper barreiras que impiden a preferencia por unhas profesións ou outras dependendo do xénero no que nos incluímos. Aquí tedes unhas imaxes e deixamos este enlace no que ver vídeos e máis fotos:  Enlace vídeos e fotos

PERFORMANCE ALUMNADO DE 1CMXAdm 25 NOVEMBRO

Imaxe
Neste curso 2023-24 o noso alumnado de 1º curso de Ciclo medio de Xestión Administrativa apostou por representar unha performance na que se destacan os distintos tipos de violencias que sofren, maioritariamente, as mulleres do noso entorno. Se ben queremos destacar a importancia da prevención, non podemos pasar por alto que o noso alumnado é consciente de que moitas veces somos nós mesmos os que exercemos violencias de todo tipo e isto é precisamente o que se subraia na performance: as múltiples situacións cotiás nas que somos instigadores ou cómplices destas violencias que debemos erradicar. Foron dúas as representacións ofertadas para alumnado de 1º da ESO (24 novembro) e paa alumnado de 1º Bac (1 decembro). Deixamos a continuación un par de imaxes e un enlace a drive onde poderedes ver vídeos deses días. Enlace vídeos e máis fotos