Mulleres que fixeron historia: conmemoración do 8M en 2º ESO A

 

Con motivo da celebración do 8 de marzo, o alumnado de 2º ESO A elaborou unha serie de carteis en formato de ficha técnica e biográfica dedicados a mulleres que destacaron en diferentes ámbitos e contribuíron de maneira significativa á historia.

Entre as figuras traballadas atópanse, entre outras, Simone Biles, Beyoncé, Greta Thunberg, Isabel Zendal, Jane Goodall, Katherine Johnson, Rosalía de Castro, Rosalind Franklin, Tu Youyou e Valentina Tereshkova. A través desta actividade, o alumnado investigou as súas achegas e puxo en valor a súa relevancia en disciplinas como a ciencia, a cultura, o activismo ou o deporte.

A proposta permitiu visibilizar referentes femininos diversos e promover a reflexión sobre a importancia da igualdade de oportunidades e o recoñecemento das mulleres na historia.

Deixamos un arquivo cos traballos a continuación: Traballos 2ESO A



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO TRABALLO PARA O 25 NOVEMBRO

VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

TITORÍAS EN 2ESO-B (LETICIA)