Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Violencia de xénero e medio ambiente 1ºCMXAdm

Imaxe
  Violencia de xénero e medio ambiente: unha reflexión compartida O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (CFMXA) participou nunha actividade de análise e reflexión sobre a relación entre a violencia de xénero e o medio ambiente, a partir do documento “Vínculos entre la violencia de género y el medio ambiente: la violencia de la desigualdad” .  Ligazón ao texto A actividade consistiu en dividir o texto en diferentes apartados relacionados coa explotación dos recursos naturais e distintas actividades económicas, como a agricultura, a pesca, a minería ou as industrias extractivas. Cada grupo elaborou un resumo no que identificou as conexións entre a desigualdade de xénero e o impacto ambiental, incorporando tamén unha valoración persoal. Esta proposta favoreceu o traballo colaborativo e a reflexión crítica, permitindo ao alumnado comprender como as desigualdades sociais e ambientais están interrelacionadas.

SÚMATE A NÓS 25N

Imaxe
No noso centro celebraremos o 25 de Novembro un ano máis lendo un manifesto común. A comunidade educativa está moi concienciada de que non podemos permitir máis casos de violencia, non podemos deixar de levantar as nosas voces en contra de todo o que supoña violencia contra as mulleres porque aínda está a ocorrer. Seguemos a sufrir esta lacra social e non nos damos librado das accións violentas e iso non nos gusta nada. Non permitiremos que as cifras sigan aumentando, non calaremos, non nos acovardaremos e non deixaremos de ler o noso manifesto que é unha declaración de intencións. Unídenos a nós e seremos máis visibles.

DÍA DA INFANCIA NO IES PERDOURO

Imaxe
Dende o IES Perdouro puxemos o noso gran de area para celebrar este día e colaboramos co Concello nos actos institucionais. Páxina web do IES Perdouro