Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

Pouquiño a pouquiño

Imaxe
OUTUBRO 2021 Atopamos unha nova na prensa na que se fai xustiza e queremos que o noso alumnado sexa partícipe deste feito. Son este tipo de xestos permitidos comunmente? Por que? Son actuacións que nunha sociedade educada en igualdade e respecto NON debemos permitir, e a xutiza está da  nosa parte 👏👏👏 Novas pola igualdade

Novo curso 2021-22!

Imaxe
Semellaba que estabamos a durmir, pero o certo é que dende o mesmo inicio de curso, no IES Perdouro continuamos a educar en igualdade co obxectivo deses 365 días sen violencias e en igualdade no noso centro. Facémosvos aqui a primeira das entradas dunha recompilación de actividades e materiais que estivemos a empregar nestes comezos de curso e actualizamos a información deste blogue no que retomaremos acción e contacto dende este mesmo momento. OUTUBRO 2021 Iniciamos o mes cunha proposta de actividades para as horas de titoría. Concretamente a sesión consistíu no visionado dun vídeo e o posterior debate e posta en común de ideas. Concretamente o grupo de 4 ESO A coa colaboración da súa titora Carla Díaz, chegaron ás distintas conlusións e recollida de ideas: Non deixedes de visitar ó enlace ó video, xa que aseguramos que reflexionaredes sobre o tema que tan de actualidade está tralo anuncio da "Folga de Xoguetes" convocada precisamente para hoxe polo ministerio de Consumo 👦