Publicacións

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
Con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade , celebrado o 3 de decembro, o alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO A participou nunha actividade de sensibilización arredor da inclusión e da diversidade. Breogán e Manu elaboraron unha entrada para a páxina web do centro na que explican o significado desta data, acompañándoa dun pódcast gravado por eles mesmos. Con esta iniciativa contribuíron a promover a reflexión sobre a importancia de construír unha sociedade máis accesible, respectuosa e inclusiva para todas as persoas. Aproveitamos este día para dar tamén visibilidade a unha asociación galega que se encarga do asesoramento, acompañamento e axuda ás persoas con discapacidade en Galicia. Estamos a falar de COGAMI en cuxa páxina web podedes atopar o manifesto que redactaron cheo de reinvindicacións e denuncia social ( COMUNICADO COGAMI ). Dende o IES Perdouro poñeremos sempre todo o que esté nas nosas mans para axudar a paliar as diferenzas e in...

Violencia de xénero e medio ambiente 1ºCMXAdm

Imaxe
  Violencia de xénero e medio ambiente: unha reflexión compartida O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (CFMXA) participou nunha actividade de análise e reflexión sobre a relación entre a violencia de xénero e o medio ambiente, a partir do documento “Vínculos entre la violencia de género y el medio ambiente: la violencia de la desigualdad” .  Ligazón ao texto A actividade consistiu en dividir o texto en diferentes apartados relacionados coa explotación dos recursos naturais e distintas actividades económicas, como a agricultura, a pesca, a minería ou as industrias extractivas. Cada grupo elaborou un resumo no que identificou as conexións entre a desigualdade de xénero e o impacto ambiental, incorporando tamén unha valoración persoal. Esta proposta favoreceu o traballo colaborativo e a reflexión crítica, permitindo ao alumnado comprender como as desigualdades sociais e ambientais están interrelacionadas.

SÚMATE A NÓS 25N

Imaxe
No noso centro celebraremos o 25 de Novembro un ano máis lendo un manifesto común. A comunidade educativa está moi concienciada de que non podemos permitir máis casos de violencia, non podemos deixar de levantar as nosas voces en contra de todo o que supoña violencia contra as mulleres porque aínda está a ocorrer. Seguemos a sufrir esta lacra social e non nos damos librado das accións violentas e iso non nos gusta nada. Non permitiremos que as cifras sigan aumentando, non calaremos, non nos acovardaremos e non deixaremos de ler o noso manifesto que é unha declaración de intencións. Unídenos a nós e seremos máis visibles.

DÍA DA INFANCIA NO IES PERDOURO

Imaxe
Dende o IES Perdouro puxemos o noso gran de area para celebrar este día e colaboramos co Concello nos actos institucionais. Páxina web do IES Perdouro

15 Outubro Día Internacional da Muller Rural

Imaxe
Con motivo da celebración do día internacional da Muller Rural, queremos compartir con vós un par de contas de instagram onde dúas mulleres poñen en valor o seu traballo.  Nuska Chousa Laura Vallejo Cremos que é de vital importancia celebrar este día para recoñecer ás nosas nais, ás nosas avoas, ás nosas tías e en definitiva a todas as mulleres que traballan no medio rural e que sustentan a nosa Terra, os nosos fogares e as nosas familias. Animámosvos a celebrar este día co orgullo que supón pertencer ao rural e ser muller.

11 Outubro Dia Internacional da Infancia (nenas)

Imaxe
O próximo 11 de outubro celébrase internacionalmente este día no que se pon o foco nos dereitos da infancia, un sector moi vulnerable que dende o noso IES Perdouro non queremos deixar esquecido. É importante fomentar a autonomía e o empoderamento das nenas dende pequenas, porque nas nosas sociedades seguemos a sufrir desigualdades dependendo do xénero. É por iso que reivindicamos o dereito das nenas a non ser discriminadas en ningún lugar do mundo.

DIA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN

Imaxe
O pasado 8 de setembro, coincidindo co comezo das aulas neste novo curso, celebróuse o Día Internacional da Alfabetización. Dende este blog, axudando á promoción da igualdade, queremos poñer o noso gran de area e apoiar a causa mediante as seguinte proposta. Trátase de ler en clase un texto sore Malala e o seu empeño por ir á escola. Como esto é un día a día que nós aqui descoñecemos, pero que e máis que común noutras partes do mundo, e como é un agravio ser muller.