PERFORMANCE ALUMNADO DE 1CMXAdm 25 NOVEMBRO

Neste curso 2023-24 o noso alumnado de 1º curso de Ciclo medio de Xestión Administrativa apostou por representar unha performance na que se destacan os distintos tipos de violencias que sofren, maioritariamente, as mulleres do noso entorno. Se ben queremos destacar a importancia da prevención, non podemos pasar por alto que o noso alumnado é consciente de que moitas veces somos nós mesmos os que exercemos violencias de todo tipo e isto é precisamente o que se subraia na performance: as múltiples situacións cotiás nas que somos instigadores ou cómplices destas violencias que debemos erradicar. Foron dúas as representacións ofertadas para alumnado de 1º da ESO (24 novembro) e paa alumnado de 1º Bac (1 decembro). Deixamos a continuación un par de imaxes e un enlace a drive onde poderedes ver vídeos deses días.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

SI.MULLER.DEPORTE.