
17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia Para continuar co fomento da igualdade, no IES Perdouro quixemos conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. Para iso, elaboramos uns carteis , que colocamos nos diferentes pavillóns do instituto e, ademais, pedímoslles aos alumnos/as da ESO que redactasen uns lemas nos que expresasen o seu rexeitamento contra calquera actitude discriminatoria cara os colectivos de persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. Os lemas gañadores foron os seguintes: - Que ninguén che impida querer! De Rubén Díaz Fraga (1º A ESO). - Respéctame tal e como son. De Laura Alonso Fernández (2º B ESO). - Sé como/quen desexes ser. De Yorel Ladra Ballesteros (3º D ESO). - Somos libres de ser e amar a quen queiramos. De Nerea Francos Cornide (3º C ESO). - Unha relación baséase no amor, non no xénero. De Iria López Casas (4º B ESO). Posteriormente, con eses lemas, encargamos unhas correas pa...