17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

Para continuar co fomento da igualdade, no IES Perdouro quixemos conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. Para iso, elaboramos uns carteis, que colocamos nos diferentes pavillóns do instituto e, ademais, pedímoslles aos alumnos/as da ESO que redactasen uns lemas nos que expresasen o seu rexeitamento contra calquera actitude discriminatoria cara os colectivos de persoas homosexuais, transexuais e bisexuais.

Os lemas gañadores foron os seguintes:

- Que ninguén che impida querer! De Rubén Díaz Fraga (1º A ESO).

- Respéctame tal e como son. De Laura Alonso Fernández (2º B ESO).

- Sé como/quen desexes ser. De Yorel Ladra Ballesteros (3º D ESO).

- Somos libres de ser e amar a quen queiramos. De Nerea Francos Cornide (3º C ESO).

- Unha relación baséase no amor, non no xénero. De Iria López Casas (4º B ESO).

Posteriormente, con eses lemas, encargamos unhas correas para as chaves, que foron repartidas a todo o alumnado da ESO.

Ademais, para celebrar o Mes do Orgullo, fixemos un photocall no que participaron o profesorado e o alumnado do centro.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!

O XOGO DA ZOCA