Exposición "Express-Arte" 

Desde o pasado 12 de maio, temos no IES Perdouro a exposición fotográfica "Express-Arte", formada por 15 fotografías que amosan unha perspectiva de diferentes realidades desde a arte. Nela podemos ver unha versión de distintas obras, todas elas moi coñecidas, como é o caso de "A primavera", de Boticelli ou "A gioconda", de Leonardo da Vinci. Estas fotografías foron realizadas desde un programa de inserción laboral para mulleres vítimas da violencia de xénero, de maneira que cada unha das participantes escolleu unha obra pictórica feminina coa que se identificaba e, posteriormente, foi caracterizada como a protagonista e fotografada, sendo o resultado o que se observa nas 15 imaxes.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

SI.MULLER.DEPORTE.

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!