Charla sobre a violencia machista na mocidade

O pasado día 6 de maio, o alumnado de 3º da ESO do IES Perdouro asistiu a unha videoconferencia sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, impartida polo persoal do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero de Santiago. Nela puideron aprender a identificar distintas manifestacións da violencia de xénero, así como a detectar comportamentos que xamais deben ser tolerados no seo dunha parella.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!

O XOGO DA ZOCA