Actividades no IES Perdouro para conmemorar o 25N Par a traballar a igualdade e concienciar sobre o problema social da violencia de xénero, desde a titoría de 1º A da ESO os alumnos e alumnas realizaron un bonito traballo chamado "Cartas ao fututo", que podedes ver no seguinte vídeo: Ademais, desenvolveuse tamén a actividade "Bolboretas contra a violencia de xénero", levada a cabo desde as titorías de 1º a 4º da ESO. Neste caso, os alumnos e alumnas reflexionaron sobre esta lacra social e escribiron, nunhas bolboretas moradas de cartolina, frases de apoio ás vítimas, así como as súas protestas contra calquera tipo de violencia machista. Podedes ver as imaxes aquí
Publicacións populares deste blog
25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller No ano 1999, a Asemblea Xeral da ONU designou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para visibilizar e concienciar á sociedade acerca de todas as formas de violencia existentes contra as mulleres. Porén esta data xa se celebraba antes. En 1981, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe fixou este día en conmemoración de tres activistas políticas dominicanas: Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal . Estas tres irmás, coñecidas como "as Bolboretas" foron brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía segreda do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana. Ese día, os seus corpos atopáronse, destrozados, no interior dun coche afundido nun barranco, en Salcedo, ao noroeste da República Dominicana. Horas antes, as tres mulleres foran asasinadas por un escuadrón enviado polo dictador, que as matou a golpes e as met
11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia A falta de referentes femininos fai que moitas nenas consideren que as carreiras científicas son "cousa de homes". Para salientar a contribución das mulleres á Ciencia e denunciar a súa ausencia nos libros de texto e nos medios de comunicación, o alumnado de 4 da ESO de Bioloxía fixo uns pequenos traballos de investigación sobre 9 científicas internacionais, destacadas polos seus descubrimentos en campos como a Xenética, a Medicina ou a Astronomía. A exposición dos carteis está no primeiro andar do edificio principal do IES Perdouro. Tamén se poden ver aquí . Ademais dos carteis, o proxecto completouse co seguinte vídeo:
Comentarios
Publicar un comentario