Películas para traballar a igualdade

Desde as titorías da ESO estamos a visionar diferentes películas que nos permiten reflexionar sobre a igualdade  entre mulleres e homes, así como sobre a existencia de diferentes identidades de xénero. Cremos que é axeitado utilizar o cine como medio para traballar estes contidos porque a cultura audiovisual está presente no día a día dos alumnos e alumnas, polo que o ensino ten que utilizar este recurso como ferramenta didáctica.
Algunhas das películas que imos ver ao longo deste curso son as seguintes:

- Figuras ocultas: nela destácase o papel da muller na ciencia e reflexiónase sobre os prexuizos de xénero e raciais.

- La chica danesa: permite traballar sobre a construción das distintas identidades de xénero.

- Quiero ser como Beckham: esta película permite traballar os prexuízos existentes no deporte feminino.

- Billy Elliot: permite reflexionar sobre os estereotipos sociais.





Comentarios

Publicacións populares deste blog