Publicacións

Quen é quen?

Imaxe
Nesta proposta a idea é facer un pouquiño de investigación sobre distintas mulleres que marcaron un antes e un despois no nas nosas vidas coas súas aportacións científicas e sociais. Atrevéste a xogar? www.gatosconbatas.com

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
O próximo 11 de febreiro conmemórase o dia da Nena e da Muller na ciencia. Con esta data preténdese dar visibilidade ó traballo de tódals mulleres que traballan e destacan neste campo asi coma fomentar a ciencia e incentivar ás nenas a que aposten por este mundo como campo vocacional sen importar o xénero, que non se sentan condicionadas ó momento de elixir eidos profesionais. Para iso, propoñemos aquí unha serie de referentes galegas nas que poñer a nosa vista e poder aprender mais da súa labor coma científicas e importancia coma profesionais. Esperemos que vos guste esta proposta  da propia Consellería de Igualdade! https://unidadedamullereciencia.xunta.gal/gl/recursos

MACHISTÓMETRO

Imaxe
Atréveste a medilo? Cres que darás un resultado negativo? E se das unha cantidade con a que descobres o que non sabías? Propoñemos este xogo/reto, mide o teu nivel: https://igualdad.soria.es/rebeldes/machis tom etro.php

UNHA APP DE AXUDA?🤔

Imaxe
Voltamos coas nosas propostas para este mes de Xaneiro, coa esperanza de que este ano novo supoña o ano da reeducación e fin das violencias e falta de respecto cara ós demais. Nesta ocasión traemos un artigo que cremos de interese no que se nos invita á reflexión e ó debate sobre o crecente número de apps destinadas a previr o acoso e a ofrecer seguridade ás mulleres, pero é esta unha solución? Ou parte do problema? Xulgade por vós mesmas! https://elpais.com/eps/2022-01-16/apps-contra-la-violencia-machista-ni-problema-ni-solucion.html

Espectáculo Teatral "Golpes"

Imaxe
Nesta ocasión o alumnado de 2 ESO, 2 PMAR, FPB Servicios Administrativos e FPB Fabricación e Montaxe do noso IES desplazóuse ata o Auditorio de Burela para ver un espectáculo teatral. Agredecemos dende este blogue a colaboración do Concello de Burela por cedernos o uso das instalacións e por estar dispoñibles para axudar na nosa labor educativa. O espectáculo correu a cargo da compañia de teatro aAntena e da representación da artista mariñá Estíbaliz Veiga. A obra é unha proposta centrada na loita contra a violencia machista contra as mulleres, e a través desta obra con momentos de crueza e sobresaltos, os alumnado foi quen de meterse na pel das persoaxes que se nos expoñían segundo a espectáculo ía avanzando. Unha proposta moi ben pensada e dirixida ó público axeitado para mover conciencias e pensamentos. A obra conta con xiros de guión sorprendentes o que unido á paixón interpretativa, fai que o auditorio deste luns (o noso alumnado) quedase atrapado na historia dende un primeiro mom...

Proxección curtametraxe "Miña"

Imaxe
Aproveitamos esta mañá de venres para reflexionar un pouco sobre relacións tóxicas e a nosa forma de entender o amor. A proxección deste filme, facilitado pola Cosellería de Igualdade e a disposición de todo o profesorado, é unha ocasión mais para reflexionar sobre o que estamos a vivir. Boas conclucións e análise da curta son os froitos dunha educación en igualdade e respecto.

PASA DA VIOLENCIA (ROSCO 25N)

Imaxe
Dende o departamento de Administración e coa colaboración do alumnado de 1º curso de Ciclo Medio de Xestión e Administración queixemos colaborar aínda mais na conmemoración do 25 Novembro esta semana. Nesta ocasión, as alumnas disfrutamos participando no reto de adiviñar as palabras propostas polas nosas compañeiras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe no rosco instalado á entrada do edificio principal do noso centro. Nós nesta mañá optamos por participar de xeito virtual. Foi moi entretido e enriquecedor. Graciñas por este tipo de actividades!