Espectáculo Teatral "Golpes"

Nesta ocasión o alumnado de 2 ESO, 2 PMAR, FPB Servicios Administrativos e FPB Fabricación e Montaxe do noso IES desplazóuse ata o Auditorio de Burela para ver un espectáculo teatral. Agredecemos dende este blogue a colaboración do Concello de Burela por cedernos o uso das instalacións e por estar dispoñibles para axudar na nosa labor educativa.

O espectáculo correu a cargo da compañia de teatro aAntena e da representación da artista mariñá Estíbaliz Veiga. A obra é unha proposta centrada na loita contra a violencia machista contra as mulleres, e a través desta obra con momentos de crueza e sobresaltos, os alumnado foi quen de meterse na pel das persoaxes que se nos expoñían segundo a espectáculo ía avanzando. Unha proposta moi ben pensada e dirixida ó público axeitado para mover conciencias e pensamentos. A obra conta con xiros de guión sorprendentes o que unido á paixón interpretativa, fai que o auditorio deste luns (o noso alumnado) quedase atrapado na historia dende un primeiro momento. Sen dúbida unha experiencia para repetir!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

SI.MULLER.DEPORTE.

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!