Este curso a nosa compañeira Alicia Geada, do departemento de Matemáticas, axúdounos a dar visibilidade a moitas das mulleres importantes no ámbito. Dende o noso equipo agradecemos enormemente e aportación e colaboración con este traballo: Unha das cuestións tratadas nas clases de Matemáticas é a historia das Ciencias, e de como as mulleres foron en moitas ocasións ninguneadas e silenciadas. Isto leva a falar das mulleres matemáticas desde Téano (da escola pitagórica) ata, por exemplo, Mileva Marić, primeira muller de Einstein. Esta persoa, en concreto, chámalle moito a atención ao noso alumnado porque coñecen a Einstein, pero non teñen nin idea da historia de Mileva e do trato que recibiu por parte de el.
Comentarios
Publicar un comentario