MOVEMBER E O CANCRO MASCULINO

Na hora de titoría de 4° de ESO A traballamos sobre a iniciativa de "Movember". O nome desta fundación provén da combinación das palabras "Moustache" e "November". A iniciativa nace en Australia en 2003 e a día de hoxe estendeuse a máis de 21 países. Os seus obxectivos son concienciar á xente sobre os cancros masculinos, próstata e testículos, e agora tamén sobre saúde mental. O seu símbolo é o bigote, un elemento tipicamente masculino, co que se pretende chamar a atención sobre estas doenzas e que se traten no día a día. Isto faino a través dunha rede social onde a xente pode compartir as súas fotos con Bigote e recadar fondos para a investigación nestas materias. A iniciativa non é só masculina, xa que ademais de "Mo Bros" hai "Mo Sistas", que participan con bigotes pintados ou postizos ou simplemente colaborando nas distintas iniciativas


E aquí o enlace á app que aconsellamos descargar: Movember app

Mais unhos vídeos:




Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

SI.MULLER.DEPORTE.

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!