Presentación vídeo no Auditorio de Burela 1ESO

Escoita o podcast deste evento O venres 25 de novembro o alumnado de 1º da ESO do IES Perdouro de Burela protagonizou unha saída á Casa da Cultura para asistir a unha charla impartida por dous membros da Garda Civil. Tamén había alí alumnado doutros centros educativos: CEIP Virxe Do Carme e CEIP Vista Alegre. O primeiro en intervir foi o alcalde de Burela, don Alfredo Llano, que explicou o motivo do acto, o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, e dixo que estaba nas mans dos xoves erradicar estes tráxicos episodios. Tamén explicou como se ía desenvolver o acto e dixo que na súa etapa como profesor do Perdouro estivera orgulloso do comportamento do alumnado de 1º da ESO. Acto seguido subiu ao escenario José Díaz, o Concelleiro de Educación, quen presentou os axentes que ían impartir a charla e tamén a dona Mary Fraga, que é a presidenta de BUMEI (a Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela). Despois de todas as presentacións empezou o acto. A conti...