19 Novembro: Día Internacional da Muller Emprendedora
A importancia do emprendemento no sector feminino é unha causa a destacar por moitos motivos. En primeiro lugar, cremos que non hai mellor forma de ensinar que dando exemplo, e para dar exemplo, aínda hoxe, debemos esforzarnos en destacar o papel da muller no mundo laboral especialmente en papeis de emprendemento. Se, coma é o caso, ademáis nos situamos no vector do mundo rural, a dimensión que alcanza a nosa exposición é notablemente maior. Con esta proposta recollida do colectivo Taller de Solidariedade, convidamos a todo o alumnado a aprender dunha forma lúdica dos distintos atrancos ós que a muller se atopa á hora de emprender. Anímate e questiónate!!
Comentarios
Publicar un comentario