CONCIENCIÁMONOS SOBRE AS ENFERMIDADES MENTAIS

O 10 de Outubro é o día escollido para recordar un dos problemas que mais se agravan có paso do tempo coma é a Saúde Mental. Unha temática tan importante non podía pasar desapercibida nas aulas do IES Perdouro polo que nos puxemos en contacto con a asociación AFAN de Burela para poñer en marcha a súa proposta didáctica para a celebración deste día e para a concienciación do alumnado e familias sobre esto.

A liña de traballo a seguir foi a lectura e exposición na aula do cómic ENGURRAS, de Paco Roca. Este cómic foi tratado nas aulas dos primeiros cursos de Ciclo Medio e Superior de Administración e Finanza. Foron traballadas as ideas principais aparecidas neste cómic, asi coma foron sacadas distintas reflexións entre todos sobre a saúde mental e a importancia do respecto social ós distintos tipos de dificultades a superar por pacientes e familias.

Grazas a AFAN polo apoio e empréstamo de material e dende aquí reiterar a nosa intención de seguir colaborando con asiciacións coma esta dentro das nosas posibilidades.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!

2 Outubro, día da NON VIOLENCIA

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net