FIN DE CURSO

Remantamos este curso e queremos facer aquí unha reflexión final da nosa labor dinamizadora no IES Perdouro. Estamos realmente ilusionados con ete proxecto do curso 2021-22 e queremos agradecer os apoios e axudas recibidas tanto por parte do equipo docente coma por parte do alumnado do centro, sen desestimar a implicación e xuda da directiva e do persoal non docente. Foi un pracer traballar no Proxecto "Respectamos e Educamos en Igualdade" e mirando cara atrás, cara o pasado mes de outubro, non podemos mais que esbozar un enorme sonriso mostra da satisfacción polo traballo realizado e os obxectivos acadados.




 

Ó longo do ano fixemos diversas propostas que foron seguidas e aceptadas por todos vós con maior ou menor éxito, pero sempre con a ellor das vosas intencións e espírito conciliador e motivador. Consideramos que visibilizamos moitas das problemáticas que inflúen na desigualdade social aínda existente, e sabemos que co noso traballo estamos a aportar o noso gran de area para poder paliar e erradicar este tipo de situacións, reflexionando e sabendo analizar os distintos motivos e factores que inflúen na sociedade actual. Aprnesemos a manexar distintas ferramentas, que aplicadadas en diferentes momentos, serán de grande axuda de cara a un futuro en Igualdade e Respecto.

Grazas a todas e todos pola vosa participación. Seguiremos a practicar activismos igualitarios!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Xardín da Memoria

PERFORMANCE ALUMNADO DE 1CMXAdm 25 NOVEMBRO

CONFERENCIA "TI ELIXES" 4º ESO