8 MARZO 2022 ESCAPE ROOM

 

ESCAPE ROOM: QUÉ SABES DO 8M?



Na semana do 8M, as alumnas de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, Adriana Polo González e Damaris Gabriela Popovici xunto ca profesora Carmen Sampedro Miranda, coordinadora do proxecto 365 días pola igualdade, organizaron unha Escape Room denominada “O misterio da fábrica”.

Para levala a cabo, visitaron as aulas de 2º e 3º da ESO onde o alumnado de maneira moi divertida, adquiriu coñecementos sobre o incendio da fábrica téxtil de Nova York, o cal tivo lugar no 1911.




En concreto, a Escape Room consistía en pasar unhas determinadas probas en Kahoot, resolver sopa de letras, etc. O obxectivo das mesmas, era obter información sobre o comezo do 8M, o acceso da muller a universidade, a explotación laboral e o feminismo.





A medida que ían resolvendo os diferentes enigmas e retos, mediante pistas que elas lles facilitaban, conseguían unhas pezas de quebracabezas que unidas retrataban a unha muller: Rosalía de Castro. Se lograban descifrar que se trataba dela, accedían a unha serie de chaves das que unha única delas abría o cofre co ansiado premio. O dito premio era un diploma que acreditaba que eran os gañadores e gañadoras da Escape Room do IES Perdouro no ano 2022.








Con este taller, o alumnado dos cursos participantes, aprendeu e tomou conciencia sobre a importancia da loita polos dereitos das mulleres, a igualdade e o feminismo. E nós aprendemos con elas e na elaboración do material propio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!

O XOGO DA ZOCA