Novo curso 2021-22!

Semellaba que estabamos a durmir, pero o certo é que dende o mesmo inicio de curso, no IES Perdouro continuamos a educar en igualdade co obxectivo deses 365 días sen violencias e en igualdade no noso centro.
Facémosvos aqui a primeira das entradas dunha recompilación de actividades e materiais que estivemos a empregar nestes comezos de curso e actualizamos a información deste blogue no que retomaremos acción e contacto dende este mesmo momento.

OUTUBRO 2021

Iniciamos o mes cunha proposta de actividades para as horas de titoría. Concretamente a sesión consistíu no visionado dun vídeo e o posterior debate e posta en común de ideas. Concretamente o grupo de 4 ESO A coa colaboración da súa titora Carla Díaz, chegaron ás distintas conlusións e recollida de ideas:


Non deixedes de visitar ó enlace ó video, xa que aseguramos que reflexionaredes sobre o tema que tan de actualidade está tralo anuncio da "Folga de Xoguetes" convocada precisamente para hoxe polo ministerio de Consumo 👦👧

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"A VIOLENCIA DE XÉNERO NO NOVO CONTEXTO DIXITAL" Pantallasamigas.net

SI.MULLER.DEPORTE.

GRAN MURAL CONMEMORATIVO PERODURO 2022!