Charla sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital 


A pasada semana, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO asistiron a unhas charlas online dedicadas a tratar o tema da violencia de xénero e o novo contexto dixital, impartidas por membros da asociación Pantallas Amigas. Nelas puideron aprender como as redes sociais son utilizadas por parte de persoas malintencionadas para obter información confidencial doutras persoas. Ademais, coñeceron o significado de termos como grooming e sextorsión, volvéndose conscientes da importancia que ten protexer a súa privacidade.

Aquí podedes ver a reportaxe fotográfica destas charlas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog