Enquisas sobre violencia de xénero, sexismo e igualdade


Como punto de partida para o noso proxecto, no IES Perdouro decidimos realizar unhas enquisas sobre violencia de xénero, sexismo e igualdade  a todo o alumnado da ESO. O noso obxectivo era detectar se os alumnos e alumnas eran coñecedores da existencia dos distintos tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, sexual, etc.) así como ter información sobre as súas opinións en canto a falsos mitos existentes en torno á violencia de xénero, como poden ser que o maltrato sucede en familias de baixos ingresos económicos ou que os homes maltratadores o son como consecuencia de ter sufrido malos tratos na súa infancia.

Pareceunos importante realizar estes cuestionarios xa que a análise dos resultados permítenos orientar as actividades que imos realizar ao longo do curso escolar en cada un dos niveis, facendo fincapé naqueles aspectos que consideramos que os alumnos e alumnas teñen menos claros. 

Os resultados das enquisas poden verse aquí. As respostas foron analizadas polos alumnos e alumnas de 4º da ESO da materia TIC que, ademais de traballar a violencia de xénero, aprenderon a manexar follas de cálculo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog