25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

No ano 1999, a Asemblea Xeral da ONU designou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para visibilizar e concienciar á sociedade acerca de todas as formas de violencia existentes contra as mulleres. Porén esta data xa se celebraba antes.

En 1981, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe fixou este día en conmemoración de tres  activistas políticas dominicanas: Patricia, Minerva e María Teresa Mirabal. Estas tres irmás, coñecidas como "as Bolboretas" foron brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía segreda do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana. Ese día, os seus corpos atopáronse, destrozados, no interior dun coche afundido nun barranco, en Salcedo, ao noroeste da República Dominicana. Horas antes, as tres mulleres foran asasinadas por un escuadrón enviado polo dictador, que as matou a golpes e as meteu dentro do vehículo para simular un accidente.




Comentarios

Publicacións populares deste blog