Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2022

FIN DE CURSO

Imaxe
Remantamos este curso e queremos facer aquí unha reflexión final da nosa labor dinamizadora no IES Perdouro. Estamos realmente ilusionados con ete proxecto do curso 2021-22 e queremos agradecer os apoios e axudas recibidas tanto por parte do equipo docente coma por parte do alumnado do centro, sen desestimar a implicación e xuda da directiva e do persoal non docente. Foi un pracer traballar no Proxecto "Respectamos e Educamos en Igualdade" e mirando cara atrás, cara o pasado mes de outubro, non podemos mais que esbozar un enorme sonriso mostra da satisfacción polo traballo realizado e os obxectivos acadados.   Ó longo do ano fixemos diversas propostas que foron seguidas e aceptadas por todos vós con maior ou menor éxito, pero sempre con a ellor das vosas intencións e espírito conciliador e motivador. Consideramos que visibilizamos moitas das problemáticas que inflúen na desigualdade social aínda existente, e sabemos que co noso traballo estamos a aportar o noso gran de area p