15 Outubro Día Internacional da Muller Rural
Con motivo da celebración do día internacional da Muller Rural, queremos compartir con vós un par de contas de instagram onde dúas mulleres poñen en valor o seu traballo. Nuska Chousa Laura Vallejo Cremos que é de vital importancia celebrar este día para recoñecer ás nosas nais, ás nosas avoas, ás nosas tías e en definitiva a todas as mulleres que traballan no medio rural e que sustentan a nosa Terra, os nosos fogares e as nosas familias. Animámosvos a celebrar este día co orgullo que supón pertencer ao rural e ser muller.